
======================================================================
Ficheiro Léame do LibreOfficeDev 26.2
======================================================================


Para as actualizacións máis recentes deste ficheiro, vexa https://git.libreoffice.org/core/tree/master/README.md

Este ficheiro contén información importante sobre o software LibreOfficeDev. Recoméndaselle ler atentamente esta información antes de comezar a instalación.

A comunidade de LibreOfficeDev é responsábel do desenvolvemento deste produto e convida a que vostede participe nel. Se é un usuario novo pode visitar o sitio de LibreOfficeDev, no cal poderá atopar moita información sobre o proxecto LibreOfficeDev e as comunidades que existen ao seu arredor. Vaia a http://www.libreoffice.org/.

LibreOfficeDev é realmente libre para calquera usuario?
----------------------------------------------------------------------

LibreOfficeDev é de uso libre para todos. Pode utilizar esta copia de LibreOfficeDev para instalala en todos os computadores que desexe, e utilizala para calquera propósito que teña (o que inclúe a utilización comercial, gobernamental, na Administración pública e na educación). Para máis detalles, consulte o texto da licenza incluída na descarga de LibreOfficeDev.

Por que LibreOfficeDev é libre para todas as persoas?
----------------------------------------------------------------------

Pode utilizar esta copia de LibreOfficeDev libre de cargas grazas a persoas que colaboran individualmente e a entidades financiadores que deseñaron, traduciron, documentaron, apoiaron, promoveron e axudaron de moitas outras formas para facer de LibreOfficeDev o que ela é hoxe - a mellor suite do mundo de programas de produtividade ofimática de código aberto tanto para uso persoal como profesional.

If you appreciate their efforts, and would like to ensure that LibreOfficeDev continues to be available far into the future, please consider contributing to the project - see https://www.libreoffice.org/community/get-involved/ for details. Everyone can make a contribution of some kind.

----------------------------------------------------------------------
Notas sobre a instalación
----------------------------------------------------------------------

O LibreOfficeDev require unha versión recente do Java Runtime Environment (JRE) para unha funcionalidade completa. O JRE non é parte do paquete de instalación do LibreOfficeDev, debe instalarse á parte.

Requisitos do sistema
----------------------------------------------------------------------

En xeral, recomendamos instalar o LibreOfficeDev mediante os métodos de instalación indicados pola súa distribución Linux (tal como o Centro de Software de Ubuntu, para Ubuntu Linux). Isto é porque adoita ser o camiño máis simple para obter unha instalación que estea optimizada no seu sistema. Mesmo pode ser que o LibreOfficeDev xa estea instalado de modo predeterminado ao instalar o seu sistema operativo Linux.

Este instalador do LibreOfficeDev «autónomo» fornecese para usuarios que necesitan dunha visualización previa, teñen necesidades especiais e para casos excepcionais.

* Linux Kernel version 4.18 or higher;
* glibc2 version 2.27 or higher;
* FreeType versión 2.8.0 ou máis recente;
* GTK version 3.24 and ATK version 2.36 or higher;
* GNOME, or another compatible desktop environment (such as KDE Plasma, among others).

There is a wide variety of Linux distributions, and there may be different installation options (KDE vs GNOME, etc.) available from the same Linux vendor. Some distributions ship with their own “native” version of LibreOfficeDev, which may have different features from this community-supplied version of LibreOfficeDev. In many cases, you can install the community-supplied LibreOfficeDev alongside a native version. However, you may prefer to remove the “native” version before installing this community-supplied version. For details on how to do that, please consult the user help resources provided by your particular Linux vendor.

Recoméndase como boa práctica facer unha copia de seguranza do seu sistema antes de retirar ou instalar software.

Asegúrese de que hai espazo abondo no cartafol temporal do seu sistema e de que ten permisos de lectura, escritura e execución. Peche calquera outro programa antes de iniciar o proceso de instalación.

Instalación da LibreOfficeDev en sistemas Linux baseados en Debian/Ubuntu
----------------------------------------------------------------------

Para obter instrucións sobre como instalar un paquete de idioma (despois de ter instalada a versión en inglés US de LibreOfficeDev), lea a sección seguinte titulada Instalación dun paquete de idioma.

Cando desempaquete o arquivo descargado, verá que o contido se descomprimiu nun subcartafol. Abra unha xanela do xestor de ficheiros e vaia ao cartafol que comece por «LibreOfficeDev_», seguido polo número de versión e algún tipo de información sobre a plataforma.

Este cartafol contén un subcartafol chamado «DEBS». Entre no cartafol «DEBS».

Prema sobre o botón dereito do rato e seleccione "Abrir un terminal". Abrirase unha xanela do terminal. Na liña de ordes da xanela do terminal, escriba a seguinte orde (preguntaráselle previamente polo seu contrasinal de usuario root antes de que se execute a orde):

As ordes seguintes instalan LibreOfficeDev e os paquetes para a integración no escritorio (pode simplemente copialas e pegalas na pantalla do terminal no canto de tentar escribilas):

sudo dpkg -i *.deb

O proceso de instalación completouse e xa debería ter as iconas para todas as aplicacións do LibreOfficeDev no seu menú Aplicacións/Ofimática.

Instalación de LibreOfficeDev en Fedora, Suse, Mandriva e outros sistemas Linux que usan paquetes RPM
----------------------------------------------------------------------

Para obter instrucións sobre como instalar un paquete de idioma (despois de ter instalada a versión en inglés US de LibreOfficeDev), lea a sección seguinte titulada Instalación dun paquete de idioma.

Cando desempaquete o arquivo descargado, verá que o contido se descomprimiu nun subcartafol. Abra unha xanela do xestor de ficheiros e vaia ao cartafol que comece por «LibreOfficeDev_», seguido polo número de versión e algún tipo de información sobre a plataforma.

Este cartafol contén un subcartafol chamado "RPMS". Cámbiese ao cartafol "RPMS".

Prema sobre o botón dereito do rato e escolla «Abrir un terminal». Abrirase unha xanela do terminal. Na liña de ordes da xanela do terminal, escriba a seguinte orde (preguntaráselle previamente polo seu contrasinal de usuario root antes de que se execute a orde):

Para sistemas baseados en Fedora: sudo dnf install *.rpm

Para sistemas Mandriva: sudo urpmi *.rpm

Para os demais sistemas RPM (openSuse, etc.): rpm -Uvh *.rpm

O proceso de instalación completouse e xa debería ter as iconas para todas as aplicacións do LibreOfficeDev no seu menú Aplicacións/Ofimática.

Alternativamente, pode utilizar o script de instalación «install» existente no cartafol superior deste arquivo para instalar como usuário. O script configurará o LibreOfficeDev co seu perfil, sen interferir co perfil normal de LibreOfficeDev. Saiba que así non instalará as partes de integración no sistema tales como menús de escritorio e os rexistros de escritorio de tipos MIME.

Notas sobre a integración do escritorio para distribucións Linux non mencionadas nas instrucións de instalación anteriores
----------------------------------------------------------------------

Debería ser doado instalar LibreOfficeDev noutras distribucións Linux non especificadas nestas instrucións de instalación. O principal aspecto das diferenzas podería estar na integración co escritorio.

O directorio de RPM (ou DEB, segundo corresponda) tamén contén un paquete chamado libreofficedev26.2-freedesktop-menus-26.2.0.1-1.noarch.rpm (ou libreofficedev26.2-debian-menus_26.2.0.1-1_all.deb, respectivamente, ou semellante). Consiste nun paquete para todas as distribucións que admiten as especificacións de Freedesktop.org (https://gl.wikipedia.org/wiki/Freedesktop.org), e fornécese para permitir a instalación noutras distribucións de Linux non cubertas nas instrucións mencionadas.

Instalación dun paquete de idioma
----------------------------------------------------------------------

Descargue o paquete de idioma do idioma, país e plataforma desexado. Están dispoñíbeis no mesmo lugar do arquivo de instalación principal. Dentro do xestor de ficheiros Nautilus, extraia o arquivo descargado nun cartafol (no seu escritorio, por exemplo). Asegúrese de ter saído de todas as aplicacións do LibreOfficeDev (incluíndo o Iniciador rápido, caso de se estar executando).

Cámbiese ao cartafol no que extraeu o paquete de idioma descargado.

Cámbiese ao cartafol que se creou durante o proceso de extracción. Por exemplo, para o paquete de idioma galego dun sistema Debian ou Ubuntu de 32 bits, o cartafol chámase LibreOfficeDev_, máis a información sobre a versión, seguido por Linux_x86_langpack-deb_gl.

Agora, cámbiese ao cartafol que contén os paquetes para instalar. Nos sistemas baseados en Debian ou Ubuntu, o cartafol chámase DEBS. Nos sistemas Fedora, openSuse ou Mandriva, o cartafol chámase RPMS.

Desde o xestor de ficheiros Nautilus, prema o botón dereito no cartafol e escolla a orde «Abrir nun terminal». Na xanela do terminal que se acaba de abrir, execute a orde de instalar o paquete de idioma (en todas as ordes seguintes, solicitaráselle escribir o contrasinal do usuario root):

Para sistemas Debian/Ubuntu: sudo dpkg -i *.deb

Para sistemas baseados en Fedora: su -c 'dnf install *.rpm'

Para sistemas Mandriva: sudo urpmi *.rpm

Para outros sistemas RPM (openSuse, etc.): rpm -Uvh *.rpm

Inicie agora unha das aplicacións de LibreOfficeDev - por exemplo o Writer. Vaia ao menú Ferramentas e escolla Opcións. Na caixa de diálogo Opcións, prema en «Idiomas e configuración local» e prema en «Xeral». Na lista despregábel «Interface de usuario» seleccione o idioma que acaba de instalar. Se quere, faga o mesmo con «Configuración local», a «Moeda predeterminada», e «Idiomas predeterminados para documentos».

Despois de axustar esa configuración, prema en Aceptar. O cadro de diálogo pecharase e verá unha mensaxe informativa que avisa de que os cambios se activarán despois de saír do LibreOfficeDev e de reinicialo (lembre pechar o inicio rápido, se estiver en execución).

A próxima vez que incie LibreOfficeDev, arrincará no idioma que acaba de instalar.

----------------------------------------------------------------------
Problemas ao iniciar o programa
----------------------------------------------------------------------

As dificultades ao iniciar o LibreOfficeDev (p. ex. as aplicacións bloquéanse), así como os problemas coa presentación na pantalla prodúcense con frecuencia por causa do controlador da tarxeta gráfica. Se estes problemas ocorreren, actualice o controlador da tarxeta gráfica ou tente usar o controlador gráfico fornecido co sistema operativo.

----------------------------------------------------------------------
Teclas de atallo
----------------------------------------------------------------------

As únicas teclas de atallo (combinacións de teclas) que se poden utilizar en LibreOfficeDev son aquelas non utilizadas polo sistema operativo. Se algunha combinación de teclas non funciona en LibreOfficeDev conforme se describe na Axuda de LibreOfficeDev, comprobe se o sistema operativo xa usa ese atallo. Para corrixir eses conflitos, mude as teclas asignadas polo seu sistema operativo. Alternativamente, modifique as asignacións de teclas de LibreOfficeDev. Para obter máis información sobre este asunto, consulte a Axuda de LibreOfficeDev ou a documentación de axuda do seu sistema operativo.

----------------------------------------------------------------------
Bloqueo de ficheiros
----------------------------------------------------------------------

O bloqueo de ficheiros está activado de modo predeterminado en LibreOfficeDev. Nunha rede co protocolo NFS (Network File System), o demoño de bloqueo para clientes NFS debe estar activo. Para desactivar o bloqueo de ficheiros, edite o script soffice e cambie a liña «export SAL_ENABLE_FILE_LOCKING» como «# export SAL_ENABLE_FILE_LOCKING». Se desactiva o bloqueo de ficheiros, non haberá restrición de acceso de escritura a un documento para o usuario que primeiro abra o documento.

----------------------------------------------------------------------
Rendemento gráfico
----------------------------------------------------------------------

Na configuración predeterminada, LibreOfficeDev priviléxiase a boa calidade na presentación de imaxes por riba da velocidade. De experimentar lentitude, desactive «Ferramentas - Opcións - LibreOfficeDev - Ver - Usar suavización» que pode axudar.

----------------------------------------------------------------------
Notas importantes de accesibilidade
----------------------------------------------------------------------

Para obter máis información sobre as características de accesibilidade de LibreOfficeDev consulte https://www.libreoffice.org/accessibility/

----------------------------------------------------------------------
Asistencia do usuario
----------------------------------------------------------------------

A páxina principal de axuda ofrece varias posibilidades de axuda para o LibreOfficeDev. Pode que a súa pregunta xa fose respondida — mire no Foro da Comunidade en https://ask.libreoffice.org/ ou busque nos arquivos da lista de correo «users@libreoffice.org» de https://www.libreoffice.org/lists/users/. Como alternativa, pode envíar as súas preguntas a users@libreoffice.org. Se desexa subscribirse á lista (para recibir respostas por correo), envíe unha mensaxe en branco a: users+subscribe@libreoffice.org.

Consulte tamén a sección de preguntas frecuentes do sitio web do LibreOffice.

----------------------------------------------------------------------
Informar de fallos & incidencias
----------------------------------------------------------------------

O noso sistema de informe, seguimento e resolución de fallos é o Bugzilla, hospedado en https://bugs.documentfoundation.org/. Convidamos a todos os usuarios a informaren de fallos que poidan ter aparecido nunha plataforma en particular. O informe de fallos é unha das máis importantes colaboracións da comunidade de usuarios para o desenvolvemento continuado e a mellora do LibreOfficeDev.

----------------------------------------------------------------------
Participación
----------------------------------------------------------------------

A Comunidade LibreOfficeDev sairía moi beneficiada da súa participación activa no desenvolvemento deste importante proxecto de software libre.

Como usuario, xa é parte valiosa do proceso de desenvolvemento da suite e gustaríanos convidalo a ter un papel máis activo co fin de converter a súa participación en colaboración de longo prazo coa comunidade. Únase á nosa comunidade e consulte a páxina de colaboracións do sitio web do LibreOffice.

Como comezar
----------------------------------------------------------------------

A mellor maneira de colaborar é subscribirse a unha ou máis de nosas listas de correo, observar durante algún tempo e gradualmente utilizar os arquivos de correo para se familiarizar cos varios temas abordados desde que o código fonte da LibreOfficeDev foi liberado en outubro de 2000. Se estiver familiarizado cos proxectos de código aberto, consulte a nosa lista de tarefas por facer e vexa se hai algo no que lle interese axudar no sitio web do LibreOffice.

Subscribirse
----------------------------------------------------------------------

Aquí se detallan algunha das listas de correo ás que se pode subscribir en https://www.libreoffice.org/get-help/mailing-lists/

* Novas: announce@documentfoundation.org *recomendada para todos os usuarios* (tráfico leve)
* Lista principal de usuarios: users@global.libreoffice.org *un xeito fácil de seguir as discusión* (tráfico intenso)
* Proxecto de Mercadotecnia: marketing@global.libreoffice.org *alén do desenvolvemento* (tráfico en aumento)
* Lista xeral de desenvolvedores: libreoffice@lists.freedesktop.org (tráfico pesado)

Unirse a un ou máis proxectos
----------------------------------------------------------------------

Pode facer grandes contribucións a este proxecto de software libre mesmo sen ter moita experiencia con manexo do código ou co deseño de software. Si, vostede mesmo!

Esperamos que aprecie traballar co novoLibreOfficeDev 26.2 e que se una a nós na rede.

A comunidade LibreOffice

----------------------------------------------------------------------
Código fonte usado / modificado
----------------------------------------------------------------------

Partes dos dereitos de autor pertencen a James Clark do 1998 ao 1999. Partes dos dereitos de autor pertencen a Netscape Communications Corporation do 1996 a 1998.